Máis dun millón de persoas apoian o lanzamento do Firefox 3
martes, 10 de xuño do 2008
- Mapamundi que amosa o número de inscritos para celebrar o lanzamento oficial do Firefox 3
A Fundación
Mozilla está entusiasmada polo feito de que a súa campaña para
promover a descarga do Firefox 3 o dÃa do seu lanzamento superou
o millón de adhesións, polo que o obxectivo de que o seu navegador
sexa a aplicación informática máis descargada en 24 horas está máis preto de
acadarse.
Os usuarios que se sumaron a esta campaña recibirán un aviso por correo
electrónico cando se estree a versión definitiva do Firefox 3 (actualmente na
súa segunda versión candidata), para que sexan os primeiro en instalar a nova
aplicación, e destas persoas moitas optan por involucrarse na campaña
publicando nas súas webs un botón
promocional ou seguindo o fenómeno a través de varias redes sociais.