Máis dun milleiro de persoas participaron na iniciativa de “bolboretas virtuais” de Santiago

xoves, 7 de xaneiro do 2016 Redacción

Máis dun milleiro de persoas participou na iniciativa de “bolboretas virtuais” desenvolvida este Nadal polo Concello de Santiago. A actividade, que rematou este 6 de xaneiro e veu da man da Concellería de Igualdade e Turismo, consistiu en convidar aos participantes a empregar o móbil de seu para capturar as ditas “bolboretas virtuais” botando mano, de xeito complementario, da aplicación de balde iButterfly One. Con ela, os composteláns “puideron gozar da maxia da realidade aumentada ao tempo que percorreron as rúas da cidade”, informou o departamento responsábel da iniciativa.
En total, a comezos desta semana xa tiñan descargada a ferramenta máis dun milleiro de persoas: unha edición específica da aplicación para a campaña compostelá. Esta cifra, sinalou o Concello, “confirmou o éxito da iniciativa”. Segundo engadiu o Goberno local, entre o máis salientábel desta participación atópase o perfil das persoas que concorreron: un perfil que abrangueu un treito de idade “moi amplo”, dende nenos a persoas maiores, que baixaron a aplicación o seu móbil co obxectivo de “pillar” as bolboretas premiadas. Por certo que estes insectos virtuais acubillaron máis dun cento de agasallos, adquiridos polo Concello de Santiago no comercio local por un valor de 2.500 euros.

PUBLICIDADE