Máis de 60% de Sober conta xa con cobertura de fibra óptica de Movistar

luns, 31 de outubro do 2022 S. P.

Movistar despregou a súa Fibra Óptica Até o Hogar (FTTH polas súas siglas en inglés) en vinte e oito núcleos de poboación de Sober, o “que permitiu que 331 nuevo unidades inmobiliarias dispoñan desta avanzada infraestrutura de comunicación”, explicou a operadora no seu balance de cobertura relativo a este concello lucense, engadindo que estas vivendas súmanse ás 205 xa conectadas nos últimos meses á FTTH de Movistar, “o que supón máis do 60% de todas as unidades inmobiliarias do municipio da Ribeira Sacra”.
Os novos núcleos con cobertura de FTTH de Movistar son A Pena, As Quintas, O Castro, Seoane, A Pousa, Donelle, Lamelas, Proendos, Penelas, Vilanova, Xanimol, Moradela, Campo Verde, Carboeiro, Os Cancelos, A Lama, Ousille, Nabán, A Sobreira, Santa Mariña, Sas, Recimil, Vilapedre, O Fondón, Sober ou Lanuxe, Os Pacios, Vilastrille de Abaixo e O Pacio.
Movistar explica que “os fogares conectados poden gozar xa dunha que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil…) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes”.
Ademais, engade a compañía, “se o usuario dispón de MovistarPlus, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede”.

PUBLICIDADE