Máis de 40 expertos debaten dende hoxe sobre ciberseguridade en Santiago
mércores, 9 de novembro do 2022
Máis de 40 expertos, entre os que se atopan algúns dos
principais especialistas en seguridade da información de España, participan
dende hoxe, en Santiago, na segunda edición do Encontro de Ciberseguridade de
Galicia. O
encontro foi inaugurado esta mañá nun acto que contou coa participación do
director de Infraestruturas e Seguridade da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia, Adrián Lence; o presidente da Federación Galega de
Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela; a secretaria xeral do
Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), Carla Redondo; e o subdirector
xeral do Centro Criptolóxico Nacional (CCN), Luis Jiménez.
Na súa intervención, Adrián Lence indicou que «en
ciberseguridade non hai un minuto que perder e é imprescindible a colaboración
e o intercambio de información en tempo real». Neste sentido, puxo en valor o
modelo de colaboración polo que apostou a Xunta de Galicia, e que permitiu afrontar
dunha maneira máis eficaz as situacións provocadas polo aumento no uso das
tecnoloxÃas durante a pandemia e as ameazas das novas guerras hÃbridas.
Neste sentido, o nodo CIBER.gal, que organiza o encontro, é
o primeiro escenario de colaboración público-privada dunha comunidade autónoma
española. Foi creado en 2020 e, na actualidade, está integrado por máis de 45
entidades e empresas.
A primeira xornada do encontro está dedicada á seguridade da
información nas Administracións Públicas e nas empresas. A Xunta presentou as
principais iniciativas en marcha sobre seguridade informática, entre as que se
atopa a creación do Centro de Excelencia en Ciberseguridade, que estará en
Ourense; ou o acordo marco que permite a administracións e entidades públicas
contratar servizos de seguridade. Os asistentes tamén puideron coñecer outros
modelos, como o que leva a cabo a Comunidade Valenciana. A sesión da mañá
rematou coa intervención de Ramsés Gallego, director internacional de
tecnoloxÃa de CyberRes, considerado un dos maiores expertos españois na
materia, que introduciu o concepto de ciber-resiliencia.
A tarde está dedicada á ciberseguridade nas empresas, coa
participación de expertos de Abanca, Finsa, Kusilas, Edigal, ISMs Forum ou
Telefónica; asà como especialistas dos Corpos de Seguridade do Estado.
O encontro será clausurado mañá polo conselleiro de Facenda
e Administración Pública, Miguel Corgos. A xornada de clausura estará dedicada
á concienciación da cidadanÃa e acollera a final do concurso Ciberseguridade
no cole, no que participaron máis de 4.000 escolares de Galicia.