Máis de 250 profesionais participarán este venres na Noite Galega das Telecomunicacións

mércores, 19 de outubro do 2011 Fernando Sarasketa

Fachada do Gran Hotel da Toxa, sede das celebracións deste venres

Este venres celébrase na Toxa, o Gran Hotel, a cita galega por excelencia dos nosos enxeñeiros de Telecomunicacións. Estamos a falar da nova edición, a dezaseis, da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, un evento que este ano xira arredor da tecnoloxía de banda larga e as posibilidades de crecemento económico que pon en xogo, ao seu abeiro e fóra del, cuestión para a que se contará, entre outros persoeiros do sector, con Bernardo Lorenzo, presidende da CMT. Asemade, afondarán nestas e outras cuestións, no transcurso da gala, a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, e o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro. A Noite, organizada como tódolos anos polo COETG-AETG, reunirá baixo un mesmo teito a máis de 250 representantes directos do sector das novas comunicacións e das TIC, entre enxeñeiros, representantes de asociacións sectoriais (como por exemplo Ineo, cuxo presidente, Jorce Cebreiros, obterá un recoñecemento).
Amais disto, a partir das 21.30, a cita dará acubillo á entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións, cos que se pretende salientar o esforzo despregado polos nosos profesionais, de tódolos eidos, en beneficio da modernización tecnolóxica da nosa terra.
O acto descorrerá do xeito que indicamos a continuación:
20:00 h. Recepción de convidados e cóctel de benvida
20:15 h. Recepción de autoridades no Gran Hotel A Toxa
20:30 h. Set de prensa- fhoto call (vestíbulo do hotel), comparecencia ante os medios de comunicación, fotografías cos premiados e breve declaración.
Orde de intervencións:
- Palabras de benvida por parte do cecano do COETG.
- Intervención da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira.
21:05 h. Acto de presentación da Nova economía sobre a banda larga:
- Proxección película Nova economía sobre a banda larga.
- Intervén: O presidente da Comisión do Mercado das Telecomunicacións, Bernardo Lorenzo Almendros.
21:30 h. Acto de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
- Premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TIC
- Premio Grandiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada no Sector TIC
- Premio INEO á Mellor Aplicación TIC
- Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
- Enxeñeiro do Ano
- Socio de Honra
22:00 h. Cea de gala

PUBLICIDADE