Magine trae a España a súa plataforma televisiva baseada na Internet

luns, 8 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos días presentouse en España a plataforma sueca Magine, que permitirá ver a través da Internet contidos televisivos que están a emitirse en directo xunto cos que xa se emitiron (entre os últimos 7 ou 30 días), facilitando tal posibilidade dende ordenadores, smartphones, tablets e incluso Smart TV, de xeito que será o usuario o que decide cando, onde e como ve a televisión.
Este servizo está a iniciar a súa fase de probas en España á vez que está a pechar acordos comerciais coas distintas canles de televisión que achegará Magine despois do verán a un prezo mensual que estará no contorno dos 10 euros/mes.


Demostración en vídeo de Magine

PUBLICIDADE