Madrid acolle o Máster en Bo Goberno das TIC da Universidade de Deusto

martes, 8 de maio do 2007

O Instituto Superior de Tecnoloxía e Empresa (MAIN), co apoio da Universidade de Deusto e a Consultora IT Deusto, vén de por en marcha a segunda edición do Máster en Bo Goberno das TIC.
Este curso de postgrao vai dirixido a profesionais de carreiras de carácter tecnolóxico, especialmente enxeñería informática, industrial e telecomunicacións, e o principal obxectivo desta nova edición é ofrecer unha formación de elevado nivel orientada a cubrir as necesidades do mercado.
O programa comezou este mesmo mes de maio en Madrid e a súa metodoloxía combina clases teóricas e prácticas, promovendo o intercambio dinámico co coñecemento compartido; ademais conta cun selecto grupo de docentes de recoñecida experiencia e altamente cualificados que garanten a excelencia e o éxito do máster.

PUBLICIDADE