Madrid acolle o 4 de outubro o encontro As mulleres tamén investigan

xoves, 27 de setembro do 2007

No marco do Ano da Ciencia 2007, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía vai celebrar o encontro As mulleres tamén investigan, que terá lugar o vindeiro 4 de outubro no Salón de Actos da Biblioteca Nacional de Madrid.
A idea desta xornada, que colle corpo como un conxunto de encontros entre unha científica do máis alto nivel e un conversador de recoñecido prestixio, é que a investigadora convidada teña a ocasión de comunicar a súa traxectoria profesional e vital a un público non especializado, empregando un formato de presentación distendido. Este encontro contará coa participación estelar de Margaret Rossiter e Carmen Magallón.

PUBLICIDADE