Mac OS X actualízase á versión 10.5.8

xoves, 6 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de ordenadores de Apple recibiron nas últimas horas unha actualización do seu sistema operativo, e así a versión 10.5.8 do Mac OS X achega unha serie de melloras consistentes principalmente na corrección de erros detectados, optimización do seu rendemento e compatibilidade. As melloras chegan á sincronización de iCal, á importación de fotografías e películas de grande tamaño de cámaras dixitais, ás conexións a través de Bluetooth e Wi-Fi, á compatibilidade de dispositivos USB e moitos detalles máis entre os que non faltan as últimas actualizacións de seguridade.
Esta actualización tamén inclúe a versión 4.0.2 do navegador Safari (que mellora a precisión da busca no seu historial).

PUBLICIDADE