Mac OS X actualízase á versión 10.5.6

martes, 16 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O sistema operativo de Apple conta cunha nova actualización, de xeito que xa chega á súa versión 10.5.6, afectando a programas como a aplicación de Correo, o iCal 3.x, o sistema de sincronización de MobileMe, o iChat, AirPort, o navegador Safari e o sistema operativo en si (que mellora o rendemento en xogos, corrixe distorsións gráficas creadas con certas tarxetas gráficas ATI, melloras do seu comportamento en rede, mellor impresión…) para unha mellor seguridade e estabilidade de Mac OS X.

PUBLICIDADE