MTV España abandonará a TDT para deixar oco a Real Madrid TV

mércores, 4 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Cando aínda non sabemos como quedará o mapa audiovisual tras a liberación do anticipado dividendo dixital, parece que imos comezar 2014 con cambios na oferta de contidos televisivos en aberto, pois seguindo o diario Marca, a partir do mes de xaneiro Real Madrid TV estará presente na TDT a través da frecuencia ocupada actualmente por Intereconomía, programa televisivo que pasará a ocupar a frecuencia actual de MTV España, o que non parece ser moi ben recibido nas redes sociais, converténdose en Trending Topic en Twitter como MTV España e o #QueremosMTVEnAbierto, con numerosos usuarios reivindicando os contidos da cadea por diante do fútbol (aínda que moitas das voces discordantes non parecen terse decatado de que MTV España non é a canle musical que era a MTV nos seus inicios).

Gandía Shore, pese a ser un dos buques insignia da MTV en España, non chegou a gozar dunha segunda tempada (por recortes económicos da cadea)

Ao parecer esta operación é froito da venda da participación de Intereconomía en Net TV a Real Madrid TV, de xeito que Intereconomía cedería o seu espazo na TDT e, para manterse en antena, alugaría a Vocento a frecuencia da MTV, canle que non conseguiu consolidar a súa audiencia pese a ter algúns éxitos como o programa de Alaska y Mario (en boa medida por ter reducido a súa produción propia, suspendendo un dos seus programas estrela, Gandía Shore, que non chegou a ter unha segunda tempada).

Éxitos como Alaska y Mario non conseguiron consolidar a audiencia de MTV España

PUBLICIDADE