Luis Carbajo falará sobre como emprender con tecnoloxías blockchain nunha nova live session de IESIDE

martes, 27 de abril do 2021 S. P.

Este 28 de abril ás 19.00 horas temos unha cita coa tecnoloxía de cadea de bloques, a tecnoloxía blockchain, de grandes posibilidades futuras para o ámbito da ciberseguridade e as transaccións económicas protexidas. A charla (unha live session organizada polo IESISE de Abanca) desenvolverase baixo o epígrafe Como se está usando a tecnoloxía blockchain: casos reais de aplicación e será impartida por Luis Carbajo, fundador de Vottun, empresa pioneira na aplicación da cadea de bloques no ámbito español. Para poder acceder é preciso realizar unha inscrición en nesta ligazón.
Luis Carbajo contará os proxectos que están realizando para sectores de alimentación, educación, saúde, enerxía ou economía circular, para clientes como Naturgy, Profand e Grupo Bimbo, entre outros.
Ao longo da masterclass presentarase o Programa Experto en Blockchain: aplicacións empresariais, deseñado por IESIDE.
Luis Carbajo é enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Valencia e MBA pola Universidade de Michigan. Traballou en Amazon como customer experience leader globally. Tamén foi responsábel de mercadotecnia para Europa en Vistaprint e director executivo de SoloStocks. A súa paixón polas novas tecnoloxías levoulle a descubrir as interesantes aplicacións que o blockchain pode ofrecer, o que lle levou a crear Vottun.

PUBLICIDADE