Lowi ofrecerá 4G a todos os seus clientes

luns, 28 de novembro do 2016 Marcus Fernández

O pasado verán o Operador Móbil Virtual (OMV) de Vodafone co que pretendía captar aos clientes descontentos polo cambio de operador de Pepephone, Lowi, colocábase nunha posición de privilexio ao ofrecer 4G ás tarifas que contasen como mínimo con 2 GB na súa tarifa de datos, ou sexa, que a partires de 11 euros/mes facía posible gozar do 4G de Vodafone e 120 minutos en chamadas, o que resulta de grande atractivo para os que queren gozar da calidade da súa rede de datos; pero estas vantaxes darán un importante paso adiante o vindeiro xoves, xa que a partires de decembro todos os usuarios de Lowi gozarán do 4G con independencia da tarifa que teñan contratada.
Os usuarios que tiñan tarifas con menos de 2 GB de datos só terán que reiniciar o seu dispositivo móbil para que se conecte ao 4G onde haxa cobertura, o que permitiralles gozar dunha conexión de datos máis áxil e con velocidades de até 150 Mbps.
Lembremos que as tarifas de Lowi parten de 6 euros/mes para 1 GB de datos e chamadas a 0 céntimos minuto, permitindo incrementar o volume de datos a razón de 1 euro por cada 200 Mbytes, permitindo gozar de 120 minutos en chamada por a partires de 11 euros/mes e contando con chamadas ilimitadas a partires de 18 euros/mes.

PUBLICIDADE