Lowi oferta fibra, móbil e chamadas ilimitadas por 34,95 euros/mes

xoves, 16 de agosto do 2018 Marcus Fernández

A competencia pola captación de clientes a liñas fibra óptica no fogar é cada vez maior, e o operador de baixo custo de Vodafone está a lanzar unha promoción que é das máis agresivas do mercado, xa que até o 15 de setembro permitirá contratar fibra a 50 Mbps, 20 GB de datos no móbil e chamadas ilimitadas por 34,95 euros/mes, no que definen como «unha tarifa moderna e a prezo oitenteiro».
Este tipo de oferta busca atraer a usuarios que non están interesados na contratación de paquetes con televisión e que tampouco precisan de liña de telefonía fixa, ou sexa, que simplemente queren liña móbil e banda larga doméstica para un reducido número de usuarios simultáneos, o que semella un escenario cada vez máis frecuente, tanto polo avance cara á irrelevancia da telefonía fixa como pola emerxencia dos servizos audiovisuais baseados na Internet (como Netflix).

PUBLICIDADE