Lowi anuncia a súa oferta de fibra óptica + móbil
venres, 12 de maio do 2017
Para os usuarios que queren gozar dunha conexións de banda
larga doméstica de calidade a fibra óptica está a abrir novas posibilidades,
con compañÃas que foxen de grandes ofertas combinadas para apostar polos prezos
axustados, como comeza a facer Lowi, o operador de baixo custo de Vodafone, que
anuncia hoxe a súa
oferta de fibra óptica doméstica. Deste xeito temos agora unha nova oferta
que carece de televisión de pagamento e liña de telefonÃa fixa, atendendo a
grande demanda do mercado, no que boa parte dos consumidores só precisa fibra
óptica no fogar e unha liña de telefonÃa móbil.
Lowi ofrece asà fibra óptica e 4G a través das infraestruturas de Vodafone,
cunha estrutura de prezos que depende do volume de datos incluÃdos na liña móbil.
A partires de 37 euros podemos ter unha liña de fibra óptica de 50 Mbps cunha
liña móbil con chamadas ilimitadas e 1 GB de datos, incrementándose o prezo en
chanzos de 2 euros por GB adicional até os 45 euros/mes, que veñen con 5 GB de
datos, aos que seguirÃa un último chanzo que por 47 euros/mes darÃa 8 GB de
datos no móbil.
Estas tarifas acumularán os datos non consumidos até o mes seguinte, permitirá
compartir datos cos amigos de Lowi, permite engadir 200 MB ao lÃmite de datos
móbiles por 1 euro cando sexa preciso, carece de compromiso de permanencia e
permite a xestión dos servizos contratados directamente dende a aplicación
móbil oficial.
Este novo servizo comercializarase con normalidade dende a partires dun par de
semanas e supón unha vantaxe con respecto a outras ofertas semellantes por
carecer de custos de instalación nin de router (mantendo asà un prezo moi
axustado).