Lorenzana e o Clúster TIC Galicia sentan as bases de futuras colaboracións

venres, 8 de setembro do 2023 S. P.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo este venres 8 de setembro un encontro co presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e membros da directiva desta entidade empresarial e tecnolóxica da nosa terra. No transcurso da xutanza abordaron novas vías de colaboración para seguir contribuíndo ao reforzo dun sector que é clave para impulsar a transformación dixital da industria galega.
O Clúster TIC Galicia está conformado por 133 socios, entre os que se inclúen empresas das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, centro tecnolóxicos e colexios e asociacións profesionais. A Xunta mantén unha constante coordinación con esta entidade, en proxectos como o da Cidade das TIC, que se está a impulsar na Coruña, a posta en marcha de diferentes programas de dixitalización para o tecido empresarial, a internacionalización ou a formación.
Esta semana o Clúster TIC Galicia confirmou novamente a súa integración na nova Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas da Xunta de Galicia, creada para impulsar estas tecnoloxías no tecido empresarial. Fomentar sinerxías, proxectos de I+D e a atracción da industria e emprego son algúns dos seus obxectivos, que serán apoiados polo Clúster TIC.

PUBLICIDADE