Logitech merca a empresa de paneis de control Loupedeck

martes, 18 de xullo do 2023 Marcus Fernández

Logitech anunciou hoxe a compañía Loupedeck, especializada en paneis de control e software para, principalmente, facilitar o lanzamento de accións durante transmisións de streaming e outros traballos creativos, que incluso se asociou con Razer para comercializar un dos seus controladores baixo a marca especializada en videoxogos.
Esta operación permite que Logitech mellore o seu catálogo de produtos dirixidos a streamers, creadores e xogadores (lembremos que no pasado tamén se fixo coa marca de micrófonos Blue e coa desenvolvedora de software Streamlabs).
Aseguran que Loupedeck manterá as súas operacións con normalidade, dando soporte aos seus clientes actuais, aínda que é máis que probable que as vindeiras versións dos seus produtos se lancen baixo a marca de Logitech e poidan gozar dunha mellor integración en aplicacións como Streamlabs Desktop (versión comercial do popular OBS), o que pode contribuír a que Logitech compita dignamente con Elgato e a súa familia de dispositivos dispositivos Stream Deck.

PUBLICIDADE