Linksys Velop promete unha rede Wi-Fi doméstica óptima
martes, 3 de xaneiro do 2017
Cada vez son máis as solucións que prometen arranxar o
problema da cobertura de Wi-Fi no fogar mediante a instalación de distintos
trebellos repartidos pola vivenda construÃndo unha rede sen fÃos e forma de
malla, pero a meirande parte destes produtos son practicamente imposibles de
mercar en España, o que posiblemente vai mudar agora grazas a que é unha grande
compañÃa como Linksys (filial de Cisco Systems) a que presenta Velop, unha solución que con tres 1
e 3 dispositivos permite dar cobertura a fogares de entre 93 e 557 metros
cadrados e que véndense
en lotes de 1, 2 e 3 unidades a 199,9, 349,99 e 499,99 dólares respectivamente.
Non estamos ante un produto especialmente económico, pero promete adaptarse a
numerosas configuraicóns de vivendas, conseguindo que tanto se poida acceder á Rede
dende calquera curruncho cunha calidade que permita dende xogar en liña até ver
vÃdeo en 4K a través de streaming.
Para conseguir unha conexión sen degradación Velop emprega tecnoloxÃa tribanda
(2,4 GHz + 5 GHz + 5 GHz) que se adapta de xeito dinámico para garantir unha
conectividade óptima mantendo un único identificador Wi-Fi (SSID) en toda a
vivenda e incluso contando con funcións avanzadas a través dunha aplicación
móbil que permite engadir a usuarios convidados e dar prioridade aos
dispositivos máis sensibles á velocidades (como o televisor ou a consola de
videoxogos).
Incluso permite establecer medidas de control paterno para
restrinxir o acceso a certas páxinas web ou establecer barreiras e horarios nos
que se limite o uso da Wi-Fi.
Cada un dos trebellos Linksys Velop contan cun procesador de catro núcleos a
716 MHz, 512 MB de RAM, 4 GB de memoria flash, 6 antenas internas amplificadas,
2 portos Gigabit Ethernet, Bluetooth 4.0 (para facilitar a súa configuración
dende o móbil) e tecnoloxÃa Wi-Fi tribanda AC2200 con MIU-MIMO e 256 QAM que
suman largos de banda de até preto de 2,2 Gbps.
VÃdeo promocional da tecnoloxÃa Linksys Velop