LinkedIn renova a súa web para ordenadores

xoves, 19 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Tras moitos anos mantendo un deseño que moitos consideraban desfasado, LinkedIn estrea hoxe novos aires cunha estética e organización diferentes que buscan levar as conversas e o contido a un punto central e manter unha estética acorde á que a plataforma xa amosaba en dispositivos móbiles, co obxectivo de que a experiencia entre o escritorio e o móbil estea libre de fendas e poida pasarse dun contorno a outro sen friccións.
A nova páxina web de LinkedIn presenta unha navegación simplificada (reducíronse as opcións do menú superior (destacando as funcións básicas e agochando o resto baixo a categoría de Máis), unha mensaxería máis intelixente, con novas recomendadas (elixidas por un novo algoritmo que adaptará o contido a cada usuario), busca máis intuitiva (a busca universal estará presente en todas as páxinas), achega máis información sobre quen está a ver o contido que compartimos e incluso achega suxestións para que o noso perfil destaque.

Vídeo no que presentan as novidades de LinkedIn

PUBLICIDADE