LinkedIn pagará 1.500 millóns de dólares por Lynda.com

xoves, 9 de abril do 2015 Marcus Fernández

Dende 1995 Lynda.com funciona como un servizo de cursos en vídeo de temas como o deseño, a programación ou as técnicas de negocio, que é todo un referente mundial dada a súa diversidade de contidos e a súa calidade, froito en boa medida pola fichaxe de grandes expertos para elaborar os seus traballados titoriais, e parece que dende LinkedIn souberon ver o seu potencial, e veñen de informar do seu plan para mercar esta plataforma educativa por 1.500 millóns de dólares, dos que o 52% pagaríanse en efectivo e o 48% restante en accións, agardándose o peche da operación durante o segundo trimestre do ano.

Lynda Weinman, co fundadora de Lynda.com

Dende LinkedIn confían en que a absorción de da compañía fundada por Lynda Weinman e Bruce Heavin fágalles máis doado acelerar as carreiras profesionais dos seus usuarios ofrecéndolles xeitos para adquirir novas habilidades e coñecementos. Amais, o sistema de cursos de Lynda.com integrarase en LinkedIn permitindo que, por exemplo, un empregador conte con máis ferramentas para localizar a expertos nunha materia na que precise profesionais ben formados.

PUBLICIDADE