Life with PlayStation achegará á PS3 novas e información meteorolóxica

venres, 27 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Imaxe da presentación de Life with PlayStation en Tokyo

A tenda de descargas de vídeo non será a única novidade da PlayStation Network, pois teñen pensado incorporar a esta rede a serie de servizos informativos Life with PlayStation, que incorporará distintas canles co paso do tempo, e que nun primeiro momento se estreará con novas e información meteorolóxica.
A interface do novo servizo presenta un globo terráqueo polo que nos podemos desprazar ata unha zona na que ver as súas novas, así coma as condicións meteorolóxicas, presentándose ambos servizos simultaneamente, de xeito que cando picamos sobre unha cidade podemos ver o estado do tempo e unha listaxe de novas relacionadas coa mesma.
Mentres se consulta este novo servizo informativo tamén é posible escoitar música de fondo para amenizar a experiencia.

PUBLICIDADE