Liberan o iOS 4.0 antes do seu lanzamento público

mércores, 9 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Tras a presentación do iPhone 4 no WWDC, os desenvolvedores comezaron a ter acceso ao iOS 4.0 nunha versión coñecida coma Golden Master que xa pode instalarse en iPhone 3G/3GS e iPod Touch, e que circula sen control pola Internet, de xeito que os usuarios que non queiran agardar un par de semanas poden non só probar este sistema operativo renovado, senón tamén facerlle jailbreak, ou sexa, que no propio día de lanzamento do iOS 4.0 xa existe a posibilidade de liberalo para instalar no mesmo aplicacións non adquiridas a través da App Store de Apple.
Isto pode non ser moi boa nova para Apple, pero para os usuarios é bastante positivo pois, se deixamos a un lado o asunto da piratería, permite o acceso a aplicacións (tanto de balde coma de pagamento) non aprobadas por Apple e que resultan de grande utilidade, coma sistemas de sincronización de contidos do móbil sen fíos ou sistemas de personalización do escritorio do móbil.


Demostración en vídeo da liberación o iOS 4.0 GM

PUBLICIDADE