Layar 3.0 incorpora novas prestacións 3D á realidade aumentada

xoves, 3 de decembro do 2009 Marcus Fernández

A realidade aumentada no iPhone 3GS e nos terminais con Android ten nome propio, Layar, que é a aplicación máis popular en aplicar esta tecnoloxía, e vén de chegar á súa versión 3.0, que estrea novas capacidades 3D, autentificación, e moitas outras prestacións que poden ilustrarse mediante a achega de capas sociais autentificadas (coma Twitter), proxectos artísticos interactivos en espazos públicos ou mesmo unha guía que lugares popularizados polos Beatles (de xeito que, por exemplo, podemos ver ao cuarteto de Liverpool cruzando a rúa en Abbey Road).
Esta evolución da realidade aumentada a través de Layar tamén permitiría amosar naves alieníxenas flotando sobre as cidades terrestres, a reconstrución de elementos arquitectónicos desaparecidos (coma o Coliseo de Roma, que podería contemplarse no móbil no seu estado orixinal mentres visitamos as súas ruínas) e incluso enriquecer pezas de arte creadas para incorporar elementos de realidade aumentada.

Layar permite ver aos visitantes sobre as nosas cidades

PUBLICIDADE