Lawrence Lessig sinala en Barcelona que o modelo da SGAE non dá para máis na era dixital

martes, 10 de xullo do 2012 Fernando Sarasketa

Agora que hai quen ve unha nova vida para a SGAE, sobre todo tendo en conta que vai estar en mans do galego Antón Reixa (que xa anunciou que traballará arreo para refacer a maltreita imaxe, ou máis ben esnaquizada, da sociedade de xestión logo dos terríbeis casos de corrupción dos que todas e todos ouvimos falar), agora, malia todo isto que estamos a dicir, resulta que pouco se pode facer. Polo menos isto é o que di o profesor de Harvard e experto en licenzas abertas para o coñecemento, Lawrence Lessig, que estivo estes días en Barcelona para participar no congreso Digital Law, organizado polo Colexio de Avogados da cidade, e que aproveitou a oportunidade para amosar o que se ve na súa bola de cristal particular acerca do futuro da SGAE: un futuro esgotado, dixo.
Lessig, creador das licenzas Creative Commons (que son as que permiten o emprego de obras culturais de diversa índole, sempre e cando se recoñeza a autoría orixinal), apostou en Barcelona pola desaparición das sociedades privadas de xestión dedicadas á recadación dos dereitos de autor, feixe no que se insiren a SGAE e outras, xa que ao seu xuízo estamos a falar dun modelo que non dá para máis e que non encaixa na era dixital, na era do coñecemento, con todo o que isto implica: colaboración, participación, acceso á información, inmediatez, riqueza cultural, etc. Cousas, en definitiva, que non encaixan cos regulamentos fixos nin cos atrancos legais que non sexan quen de adaptarse aos novos tempos. “Estas sociedades que veñen xestionando os royalties”, engadiu, “foron no seu día unha maneira eficaz de protexer aos autores dende o século XIX, pero hai que probar outros modelos para ver cal é o que mellor funciona, porque este está claro que xa non o fai”, explicou Lessig nunha entrevista coa axencia Europa Press.
<embed src='http://www.lawyerpress.tv/files/jw-player-plugin-for-wordpress/player/player.swf' height='320' width='570' allowscriptaccess='always' allowfullscreen='true' flashvars="&amp;bandwidth=3940&amp;controlbar=over&amp;dock=false&amp;file=29062012c.mp4&amp;hd.file=29062012chd.mp4&amp;hd.state=false&amp;image=http%3A%2F%2Fwww.lawyerpress.tv%2Ffiles%2F2012%2F06%2FPonencia-DLWC.jpg&amp;mediaid=693&amp;plugins=viral-2%2Chd-2&amp;streamer=rtmp%3A%2F%2Fcdn3.iuristel.net%2Fvod_lawyer&amp;viral.allowmenu=true&amp;viral.bgcolor=0x333333&amp;viral.fgcolor=0xffffff&amp;viral.functions=embed&amp;viral.matchplayercolors=true&amp;viral.oncomplete=false&amp;viral.onpause=false"/></embed>
Intervención de Lessig no primeior congreso Digital Law que tivo lugar en Barcelona

PUBLICIDADE