Lanzan unha versión web do xogo de estratexia en tempo real Dune II

luns, 31 de decembro do 2012 Marcus Fernández

O desenvolvedor ruso Aleksander Guryanov conseguiu crear unha versión do xogo de 1992 Dune II en HTML5 e JavaScript, de xeito que este clásico título de estratexia en tempo real pode xogarse directamente dende navegadores web, para o que paseáronse no proxecto de código aberto OpenDune, que conseguiu trasladar o xogo de Westwood Studios con éxito de xeito que podía executarse tanto en Windows coma en Linux, cando estamos ante un xogo que orixinalmente saira para MS-DOS, chegando máis tarde a outras plataformas (Megadrive e Commodore Amiga).
Este xogo baseado na película inspirada na novela Dune, permítenos adoptar unha das 3 casas da historia (Atreides, Harkonnen e Ordos), para avanzar nunha mecánica á que moitos xogadores estarán afeitos, pois moitos dos elementos que parecen en Dune II adoptáronse por moitos xogos de estratexia futuros. Agora, ao estarmos ante unha versión en HTML5 e JavaScript do xogo, poderemos gozar do mesmo no navegador web do noso ordenador e no dalgúns dispositivos móbiles (aínda que no Safari de iOS non funciona axeitadamente).

No xogo podemos elixir entre as 3 casas rivais en Dune

PUBLICIDADE