Lanzan unha ROM personalizada para o Nexus One

venres, 8 de xaneiro do 2010

Que o Nexus One sexa aínda unha novidade non é un atranco para que metan man ao seu sistema operativo para engadirlle novas prestacións, e así xa apareceu unha ROM personalizada para o móbil que inclúe unha xestión de conexións móbiles máis completa, a posibilidade de compartir a conexión de datos 3G do móbil a través de Wi-Fi, un sistema de copias de seguridade e outras funcionalidades para usuarios avanzados.

PUBLICIDADE