LambdaStream, galardoada pola Fundación CEO na categoría de Innovación

mércores, 18 de abril do 2007

A empresa galega LambdaStream vén de recibir o Premio Transfronteirizo á Excelencia Empresarial da Fundación CEO na categoría de Innovación. A entrega deste galardón e dos 17 restantes tivo lugar en Ourense, nun acto que contou coa participación de Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, e do vicepresidente Anxo Quintana. Segundo fixo saber o xurado, o premio á tecnolóxica LambdaStream veu dado polo ter sido pioneira dentro do sector audiovisual e das telecomunicacións, provendo ó mercado mundial de innovadoras ferramentas multimedia e de televisión interactiva. Para a empresa galega, este galardón (o terceiro da súa “carreira”) significa un pulo para afondar aínda máis na súa aposta innovadora.

PUBLICIDADE