La Voz inaugura un moblog para seguir as eleccións galegas

xoves, 12 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Esta noite botou a andar Campaña Móvil, un moblog elaborado pola xornalista Olalla Sánchez, que durante 15 días de campaña electoral percorrerá Galicia co seu móbil Nokia N95 e un teclado Bluetooth para contar a través do mesmo o que fan os políticos durante estas datas.
Este novo espazo fará uso de texto, vídeo e fotografías para narrar o que acontece durante a campañas electoral, comezando pola pegada de carteis e prometendo rapidez e orixinalidade nos vindeiros pasos desta iniciativa que de moito interese polo seu potencial innovador.
O blog permite a súa subscrición mediante RSS ou a través de correo electrónico, recollerá os vídeos que Olalla Sánchez grave co seu móbil e mesmo presenta no seu pé os datos sobre a popularidade na Internet e en Facebook dos candidatos dos 3 principais partidos que aspiran ao goberno da Xunta de Galicia.

A popularidade dos candidatos tamén ten un curruncho no novo moblog

PUBLICIDADE