La Sexta potencia a súa presenza na web

luns, 9 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Hai cousa de ano e medio La Sexta anunciaba que comezaba a ofrecer parte dos seus contidos na Internet en alta definición, pese a que os seus vídeos só tiñan 420 píxeles de alto (o que nin sequera chegaba á calidade da definición estándar), e agora propuxéronse arranxalo, e actualizaron a calidade dos seus clips, que agora podemos cargar a unha resolución de 960 x 720 píxeles, o que aínda segue sen ser alta definición real (pois están en formato 4:3) pero supera bastante en calidade os 720 x 576 píxeles da definición estándar, polo que sería a canle de televisión española que ofrece os seus contidos con máis calidade a través da Internet.


Un dos widgets de La Sexta

Pero a calidade non é a única novidade que estrea La Sexta, senón que tamén quere mellorar a difusión deste contidos, polo que lanzaron varios widgets, ou pequenas aplicacións desenvolvidas con tecnoloxía de Adobe que se poden utilizar no noso escritorio (se temos instalado Adobe AIR) ou incrustar nas nosas páxinas web e blogs, no que sería un recadro no que se destacan os informativos da canle de Mediapro, información deportiva ou cortes dos programas máis emblemáticos (Sé lo que hicisteis…, El Intermedio, Buenafuente e Qué vida más triste).
Tamén permite a incrustación de vídeos en blogs e redes sociais sen contar cos widgets, o que reflicte o feito de que a canle é consciente da viralización de moitos dos seus contidos.

 
Exemplo de incrustación dun vídeo de miSexta.tv

PUBLICIDADE