La Gran Manzana, un novo e-book de balde sobre o éxito de Apple

martes, 24 de abril do 2012 Marcus Fernández

Portada do terceiro libro de Leandro Zanoni

O pasamento de Steve Jobs levou a non poucos autores a facer un repaso da súa biografía e da historia da compañía que axudou a fundar, Apple, e nesta mesma liña quixo ir Leandro Zanoni, xornalista e autor do arxentino eBlog, quen escribiu a obra La Gran Manzana. Las 10 claves del éxito de Apple, editado por Random House (Sudamericana) e que, por insistencia do autor, será a primeira obra do selo en poder descargarse de balde a través da Internet, meses antes incluso de que o libro chegue ás tendas (farao en xullo).
Dende a semana pasada é posible descargar La Gran Manzana en formato PDF, ePUB e .mobi dende a páxina web oficial do libro, de xeito que pode lerse de xeito cómodo en iPhone, iPad, Android, BlackBerry, Kindle, PC ou Mac.
Esta interesante obra fai percorre a historia de Apple, a vida de Steve Jobs e moitos dos produtos da compañía da mazá, chegando incluso a dedicar un capítulo especial a persoas importantes na historia de Apple (como Tim Cook, Steve Wozniak, Jonathan Ive, Phil Schiller e Jon Rubinstein). A obra tamén fai unha ao peso que tivo o deseño no éxito de Apple e, como non, ao fenómeno fan, que tan presente estivo na historia da compañía de Cupertino, sendo un factor chave na etapa da compañía antes de dar o salto á electrónica de consumo co iPod.

PUBLICIDADE