LG produce baterÃas hexagonais para mellorar a autonomÃa dos smartwatches
martes, 30 de xuño do 2015
As plantas chinesas de LG Chem comezaron
a producir baterÃas de forma hexagonal pensadas principalmente para smartwatches, o que permitirÃa que este tipo de
dispositivos puidesen albergar no seu interior unha capacidade un 25% superior
que baterÃas rectangulares.
Estas novas baterÃas buscan atender a crecente demanda actual de compoñentes
para smartwatches, e segundo o seu fabricante serÃan as primeiras do mercado en
apostar por este novo factor de forma como estratexia para incrementar a
autonomÃa dos reloxos conectados.
Nos últimos meses estamos a ver como, aparte das melloras na tecnoloxÃa interna
das baterÃas, a súa forma tamén está a ser un elemento substancial á hora de
aproveitar ao máximo o espazo dispoñible nos dispositivos, o que leva a
desenvolvementos como o último MacBook,
aparte incluso conta cun deseño de baterÃas por capas para poder ocupar espazo
incluso nas partes máis delgadas do equipo.