LG estreará tenda de aplicacións para móbiles no verán

martes, 16 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Grazas ao éxito da App Store de Apple para o iPhone, outros fabricantes de terminais de telefonía móbil decidiron apostar pola venda de aplicacións como un novo modelo de negocio que xa está operativo para terminais BlackBerry e co sistema operativo Android. Continuando na mesma liña agora sorprende o lanzamento do novo LG GM730, que é un terminal con Windows Mobile 6.1 coa nova interface de usuario S-Class, pantalla de 3 polgadas cunha resolución de 400 x 240 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles, Wi-Fi, HSDPA, Bluetooth, un grosor de só 11,9 milímetros e lanzarase o mes que vén en Asia incorporando a LG Application Store, que se estreará no verán para ampliar as capacidades dos smartphones de LG.

PUBLICIDADE