Kumobe informará no CDTIC de solucións para que os despachos profesionais manteñan segura a información

xoves, 16 de abril do 2015 Redacción

As reservas do Apple Watch parecen estar a funcionar mellor incluso do agardado, e dende KGI Securities estiman que xa se terían encargado 2,3 millóns de unidades (1 millón só nos EE.UU.) o que abre unha situación de grande indeterminación sobre o xeito no que se comercializará o novo smartwatch, xa que non parece que Apple sexa capaz de atender á súa demanda inicial, o que podería retrasar bastante a súa chegada a España (país non incluído na primeira fase de comercialización).
Esta situación comeza a ser visible dende a propia páxina web de Apple, que na sección dedicada ao Apple Watch mudaron o texto “dispoñible o 24-4-2015” por un “o reloxo está a chegar”. En vista de que a poucas horas da apertura das reservas do reloxo vía web a data de entrega xa superaba a anteriormente fixada data de lanzamento parece evidente que o 24 de abril non será posible mercar o produto nas tendas, o que confirmaría un memorando interno de Angela Ahrendts para os traballadores das Apple Stores, no que aseguran que os primeiros clientes en reservar o Apple Watch comezarán a recibir o dispositivo o día 24, pero as compras en establecementos físicos deberán demorarse, de xeito que nas vindeiras semanas só aceptarán encargos vía web.
Confían en que no mes de maio comecen a poder adquirirse algúns reloxos en tendas físicas, pero aseguran que dado a alta expectación e as unidades dispoñibles inicialmente consideraron que o mellor para poder ofrecer a grande diversidade de modelos cos que conta o Apple Watch era aceptar só pedidos vía web.
O que si queda confirmado é que o día 24 non veremos colas diante das tendas de Apple, ao igual que os usuarios españois que estean interesados en adquirir o produto deberán ter paciencia, incluso de ter a posibilidade de viaxar a Reino Unido ou Francia para facerse co mesmo.

PROGRAMA DA XORNADA

09.00 – 09.15 Benvida e recepción de asistentes
09.15 – 09.45 Inauguración da xornada
9.45 – 10.15 Como afecta a LOPD aos despachos profesionais. Raquel García - LOPDAT
10.15 – 10.45 Comunicacións seguras. Pedro Prestel - Eurocloud
10.45 – 11.15 Solucións Bebackup & Bebox. Miguel Ángel Farmawi - Kumobe
11.15 – 11.30 Casos de éxito da solución de copia de seguridade.
Ana Belén Andrade – Xestoría Marta Andrade
11.30 – 11.45 Casos de éxito da solución de xestión documental. Daniel Castillo - Keyfis
11.45 – 12.00 Peche da xornada
12.00 Café e networking

PUBLICIDADE