KitKat repartirá en España un milleiro de Nexus 7 e 25.000 vales por 5 euros en Google Play

venres, 20 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Cando Google anunciou que a vindeira versión de Android recibiría o alcume de KitKat engadiuse que Nestlé correspondería a tal acción cunha promoción na que sortearían tablets e vales con crédito para gastar en Google Play, e finalmente tal campaña chega a España, onde teremos códigos no envoltorio dunha edición especial dos KitKat que poderán comprobarse vía web, e que entre o 15 de setembro e o 31 de decembro poderá servir para facerse cun dos 1.000 tablets Nexus 7 e 25.000 créditos de 5 euros en Google Play que incluirán nesta promoción tan doce.
Esta campaña de KitKat desenvólvese en 19 mercados (España, Australia, Brasil, Alemaña, India, Xapón, Rusia, Reino Unido, EE.UU. e Oriente Próximo) e porá en circulación máis de 50 millóns de chocolatinas KitKat, produto que na Internet está moi presente, sumando máis de medio millón de seareiros en Facebook e superando os 18 millóns de Gústame na mesma plataforma.

PUBLICIDADE