Kiosko.net permite seguir as portadas da prensa diaria
venres, 5 de setembro do 2008
- As portadas dos principais diarios de España se poden seguir dende Kiosko.net
Distintos
blogs están a recoller a nova
versión en probas da clásica web de Kiosko, que presenta na Internet as
portadas de moitas das publicacións de prensa máis representativas de España, e
que, aparte de fuxir dun URL moi complexo (http://www.hhmmss.com/kiosko/HOY/)
e estrear dominio (http://kiosko.net/) mellora
a súa oferta de contidos cas primeiras páxinas da prensa europea,
norteamericana e asiática. Continúa a permitir a consulta das portadas de medios españois e mesmo dos galegos (aÃnda que se
limita a La Voz de Galicia, 3 edicións do Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña
e o Dépor Sport) aÃnda que faltan algúns dos contidos vellos por integrase,
coma os chistes e a consulta do histórico de dÃas anteriores (presentes polo
momento na anterior
versión do servizo, que continúa a estar operativa), asà como tamén se
procurará engadir no futuro opción multilingües e un directorio de prensa.
Este espazo é todo un referente para o seguimento das portadas da prensa, funcionando
como unha ferramenta de grande utilidade para informarse sobre os principais
contidos dos xornais diarios sen ter que baixar a un quiosco fÃsico para
ollalos (ou para poder consultar as portadas de edicións locais dende a
distancia).
- A nova versión de proba do Kiosko non esquece as publicacións galegas