Kinect chegará ás tendas europeas o 10 de novembro
martes, 17 de agosto do 2010
Microsoft, co gallo da feira
de videoxogos Gamescom 2010, deu a coñecer oficialmente a data de lanzamento
europea de Kinect, o seu sistema de control de movemento para a Xbox 360, que
non será outra que o
10 de novembro, poucos dÃas despois da súa chegada aos EE.UU.
Esta nova solución de xogo e lecer potenciar á Xbox 360 e facilitará a súa
achega a un público ocasional, aÃnda que o seu prezo duns 149 euros (incluÃndo
o xogo Kinect Adventures) pode ser un
freo para a súa difusións (aÃnda que a súa compra xunto cunha Xbox 360 pode
resultar máis rendible que a súa adquisición por separado, dándose a entender
que estamos ante un produto que busca captar público para a consola doméstica
de Microsoft, que nas últimas semanas mellorou as súas venda grazas ao
lanzamento dunha versión máis pequena e compatible
con Kinect (inclúe un porto especial para a cámara de Kinect, o que evita
que sexa preciso utilizar un adaptador de corrente adicional).
Kinect estrearase cun nutrido catálogo de xogos coma Kinect Sports, Kinectimals
e Kinect Joyride, á vez que moitos
outros tÃtulos irán aparecendo para esta plataforma nos vindeiros meses.
