Kim Dotcom podería formar un partido político en Nova Zelandia

martes, 14 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O megalómano Kim Dotcom continúa coas súas excentricidades, e aínda que parecía que ía desaparecer da atención pública para centrarse na súa defensa xudicial no caso sobre Megaupload, continúa a facer das súas, e non vai conformarse con estrear un álbum musical o vindeiro día 20, senón que agora asegura que vai formar un partido político en Nova Zelandia, que espera que supere o 5% do apoio popular grazas aos mozos e outros votantes que se preocupen sobre a Internet.
O Mega Party podería ter un importante impacto se realmente consegue o éxito pretendido, pois xogaría un papel decisivo de cara á formación do vindeiro goberno neocelandés, aínda que a competencia non será cativa, pois estímase que o número de partidos que concorrerán aos vindeiros comicios podería ser de 20 (actualmente hai 14 partidos rexistrados).

PUBLICIDADE