Juanma Sánchez-Padrós, ex-secretario xeral de R, incorpórase á oficina coruñesa de Cremades

mércores, 17 de xaneiro do 2024 S. P.

A oficina da Coruña do bufete Cremades & Calvo-Sotelo incorpora como conselleiro ao que foi director da Asesoría Xurídica de Grupo Euskaltel e secretario xeral de R, Juanma Sánchez-Padrós. Faino para “reforzar o seu departamento mercantil/societario e para complementar os servizos da firma en materia de telecomunicacións e novas tecnoloxías”.
Previo paso á súa incorporación en Cremades, Juanma desenvolveu principalmente a súa carreira profesional en Gómez-Acebo e Pombo e foi director da Asesoría Xurídica de Grupo Euskaltel e secretario xeral da operador galega de telecomunicacións R, exercendo tamén as funcións de secretario e de conselleiro en sociedades, fundacións e asociacións encadradas en distintos ámbitos e sectores da actividade empresarial.
A súa ampla carreira profesional fai que sexa un avogado experto en dereito mercantil e en materia de telecomunicacións e, á vez, que conte cunha dilatada experiencia na xestión empresarial e no dereito dos negocios, froito de estar desenvolvendo a súa carreira en empresas durante máis de vinte anos.
Alberto García Ramos, socio e director da oficina da firma Cremades na Coruña, subliña que “a incorporación de profesionais expertos e de talento é un dos alicerces básicos da estratexia de excelencia e de crecemento dos servizos da firma”. Engade que “a entrada de Juanma Sánchez-Padrós responde a esa estratexia, supondo un reforzo moi importante para Cremades e, en particular, para a oficina da Coruña”. E apunta: “A súa experiencia e o amplo coñecemento das necesidades dos clientes permitiranos ofrecer servizos máis integrais e de calidade aos nosos clientes”.
Cremades & Calvo-Sotelo é unha firma de avogados creada a finais dos anos 90, estando situada entre as máis recoñecidas e destacadas do mercado iberoamericano, extraordinariamente conectada con xuristas e sectores de todo o mundo. Con oficinas físicas nas principais cidades españois e en 8 países, reúne entre os seus profesionais a xuristas de máis de 15 países e ten unha histórica proxección internacional.

PUBLICIDADE