José Luis Orihuela falará en Vigo sobre o xornalismo posdixital

martes, 17 de novembro do 2015 Marcus Fernández

O profesor José Luis Orihuela, pioneiro e estudoso de moitos dos ámbitos da comunicación en liña e autor de libros como Mundo Twitter, 80 Claves sobre el futuro del periodismo e o máis recente Los Medios después de Internet, vai participar o vindeiro 26 de novembro ás 14:30 horas nun xantar-coloquio titulado O retos do xornalismo posdixital dentro do Foro de Comunicación Alumni de Pontevedra no que colabora a Asociación da Prensa de Vigo.
Esta atractiva actividade desenvolverase no NH Palacio de Vigo e xa está aberta a súa inscrición a un prezo de 25 euros para o público xeral (20 euros para membros de Alumni), sendo preciso inscribirse antes o 25 de novembro para poder participar neste foro de debate no que previsiblemente abordaranse os temas tratados no último libro de Orihuela, no que se recollen numerosas reflexións e observacións sobre o proceso de cambio que están a experimentar os medios de comunicación tras a revolución que supuxo a Internet, cambio que foi moito máis aló da tecnoloxía, sendo a súa natureza moito máis profunda que cambios anteriores, xa que levou a novos xeitos de produción, distribución e consumo, rachando con moito do anterior e cunha velocidade de transformación moi superior ao de procesos anteriores.

O xantar-coloquio desenvolverase no NH Palacio de Vigo a semana que vén

PUBLICIDADE