Joikusoft e FON presentan o seu software hotspot sen fíos para móbiles

venres, 8 de agosto do 2008 Raquel Noya

Joikusoft, o organismo de desenvolvemento de software móbil, en colaboración con FON, a coñecida comunidade mundial Wi-Fi, veñen de publicar unha versión exclusiva da solución de hotspot móbil Joikusoft, denominada FonSpot.
Esta aplicación converte o teléfono móbil nun Wi-Fi HotSpot, permitindo que calquera ordenador portátil, iPod Touch, Internet tablet ou calquera outro dispositivo Wi-Fi, se conecte á Rede empregando calquera teléfono móbil compatible como Porto de Internet seguro de alta velocidade.
Segundo afirman os seus creadores, o FonSpot con Wi-Fi, “reemprazará de xeito eficaz ás conexións por Bluetooth, cable e USB no que respecta ó acceso á Rede” empregando teléfonos móbiles e conectividade 3X.
Os usuarios desta tecnoloxía poden ter o control completo sobre o acceso futuro da súa conexión sen fíos á Rede de FonSpot e poden facelo de xeito seguro grazas á garantía de seguridade que ofrece a plataforma relacionada co proxecto Symbian OS.
FonSpot é unha oferta exclusiva para os membros da comunidade FON, poderán compartir as súas conexións a Internet cun total de ata 5 amigos a partires do terceiro trimestre de 2008.

PUBLICIDADE