Jesús Herrero, novo director xeral de Red.es

mércores, 29 de novembro do 2023 S. P.

O Consello de Administración de Red.es, presidido pola Secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial, Carme Artigas, acordou este martes 28 de novembro o nomeamento de Jesús Herrero Poza como novo director xeneral da entidade. Herrero é licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Carlos III de Madrid, ademais de Máster en Asesoramento de Imaxe e Consultoría Política pola Universidade Camilo José Cela.
Profesionalmente, o Consello salientou a súa ampla experiencia na xestión pública, liderando e coordinando equipos de traballo vencellados ao ámbito da transformación dixital.
A súa vida profesional iniciouse no ámbito da consultoría de servizos públicos, do desenvolvemento social, as industrias culturais e a xestión e avaliación de políticas e servizos públicos. Estas actividades desenvolveunas en paralelo á xestión de fondos europeos e proxectos apoiados por programas de xestión directa da Unión Europea.
Antes de incorporarse á entidade, Jesús Herrero foi asesor no Ministerio de Facenda, na Dirección Xeral de Asuntos Públicos de Presidencia do Gobierno, e director de Gabinete da Secretaría de Estado de Dixitalización, dentro da Vicepresidencia Primeira do Gobierno e Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
Nesta última etapa, formou parte como conselleiro do Consello de Administración de Red.es, e participou nos grupos de traballo que deseñaron e lanzaron os principais programas da entidade, entre eles Kit Dixital, ou no padroado da FMWC.
Tamén coordinou o liderado de SEDIA na redacción e implementación da Axenda Dixital 2026, a estratexia do Gobierno para a dixitalización do país. A abeiro deste cometido, participou en proxectos como o deseño e desenvolvemento da Lei 28/2022, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, máis coñecida como Lei de Startups e a iniciativa Emprendedoras Dixitais da man de ENISA, co foco posto no peche da brecha de xénero no financiamento e emprendemento.
Incorpórase a Red.es coincidindo coa creación do primeiro Ministerio de Transformación Dixital, que lidera o Ministro José Luis Escrivá.
Jesus Herrero, substitúe no cargo a Alberto Martínez Lacambra.

PUBLICIDADE