Jazztel poderÃa ofrecen en breve conexións simétricas de 200 Mbps a prezo agresivo
luns, 13 de xaneiro do 2014
En ADSLzone están a dar conta dunha nova que poderÃa
revolucionar o mercado español da banda larga, xa que Jazztel
poderÃa comezar a ofrecer conexións simétricas de 200 Mbps dende 29,95
euros/mes (cota de liña e IVE non incluÃdos), que substituirÃa á actual de
100 Mbps de descarga e 10 Mbps de subida. Entre os cambios de tarifas tamén ofrecerÃan
conexións de 50/5 Mbps por fibra óptica por 19,95 euros/mes (aos que tamén
haberÃa que engadir cota de liña e IVE). Ambas ofertas de fibra incluirÃan 100
minutos de chamadas e 100 Mbytes de tráfico de datos dende o móbil sen
incremento de prezo (os usuarios da oferta converxente tamén poderá gozar de
chamadas ilimitadas dende o móbil por 10 euros adicionais ao mes). Estas
ofertas terá un compromiso de permanencia de 1 ano por mor dos altos custos que
supón a instalación da fibra óptica ata o fogar.
AÃnda que as tarifas que serán realmente revolucionarias son as relativas á
fibra óptica, o ADSL de 20 Mbps de Jazztel tamén baixará de prezo de 19,95 a
15,95 euros/mes, convidándose aos usuarios que estean en zonas de cobertura de
50 Mbps a migrar a esta nova tecnoloxÃa sen custo.