Jazztel estrea oficialmente 5G

luns, 30 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

O vindeiro 6 de febreiro o operador Jazztel estrea tarifas converxentes que incorporan tecnoloxía 5G á vez que melloran a súa capacidade de datos móbiles. As novas tarifas serían de fibra simétrica de 300 Mbps con fixo con chamadas ilimitadas que por 43,95 euros/mes (sen promoción) permitiría escoller entre 1 liña móbil 5G con 40 GB de datos e minutos ilimitados ou 2 liñas móbiles con 30 GB a compartir e minutos ilimitados. Por 8 euros máis ao mes poderase mellorar a velocidade da fibra a 1 Gbps, incluíndo un router Wi-Fi 6. Os clientes actuais que queiran gozar oficialmente da 5G terán que mudar ás novas tarifas.
Jazztel tamén mellora as liñas adicionais, de xeito que pode contratarse unha liña móbil adicional 5G con 15 GB de datos e minutos ilimitados por 8 euros/mes, e con 40 GB de datos por 12 euros/mes.

PUBLICIDADE