Jammie Thomas apelará a sanción de 222.000 dólares por compartir 24 cancións a través da Internet

martes, 9 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Jammie Thomas e o seu avogado, Brian Toder, na CNN

Jammie Thomas, a muller norteamericana condenada a pagar 222.000 dólares por violación dos dereitos de reprodución de 24 temas musicais ó compartilos a través da Internet, anunciou na canle de novas CNN e no seu espazo en MySpace que apelará a decisión xudicial imposta por un tribunal de Minnesota.
A apelación se baseará no feito de que durante o xuízo a RIAA argumentou as súas acusacións nunha teoría que se sostén no feito de pór a disposición as cancións (por telas compartidas na aplicación KaZaA) pero non no feito de que se chegasen a compartir nalgún momento, polo que determinar que a condenada teña que pagar 9.250 dólares por tema parece esaxerado.
Thomas tamén creou unha páxina web (FreeJammie.com) dende a que convida ós internautas a efectuar achegas que lle permitan facer fronte ós custos legais do proceso contra a RIAA. Non hai que esquecer que, aparte dos 222.000 dólares de sanción tamén habería que engadir as custas xudiciais (que poderían estar preto dos 100.000 dólares).
Os curiosos poden comprobar a listaxe de temas que Jammmie Thomas supostamente compartía a través da Internet:

- Guns N Roses "Welcome to the Jungle"; "November Rain"

- Vanessa Williams "Save the Best for Last"

- Janet Jackson "Let’’s Wait Awhile"

- Gloria Estefan "Here We Are"; "Coming Out of the Heart"; "Rhythm is Gonna Get You"

- Goo Goo Dolls "Iris"

- Journey "Faithfully"; "Don’’t Stop Believing"

- Sara McLachlan "Possession"; "Building a Mystery"

- Aerosmith "Cryin’’"

- Linkin Park "One Step Closer

- Def Leppard "Pour Some Sugar on Me"

- Reba McEntire "One Honest Heart"

- Bryan Adams "Somebody"

- No Doubt "Bathwater"; "Hella Good"; "Different People"

- Sheryl Crow "Run Baby Run"

- Richard Marx "Now and Forever"

- Destiny’’s Child "Bills, Bills, Bills"

- Green Day "Basket Case"

PUBLICIDADE