Italia gañará Eurovisión segundo Bing

venres, 12 de maio do 2017 Marcus Fernández

Nos últimos anos escoitamos en moitas ocasións falar de Big Data, principalmente como un conxunto de tecnoloxías que conseguen extraer información valiosa de grandes conxuntos de datos para o seu uso corporativo, pero os modelos de matemática preditiva tamén poden aplicarse a informacións máis superficiais, como veñen de facer dende Bing, buscador de Microsoft do que recolleron información sobre o Festival Europeo da Canción 2017 para así facer unha predición sobre quen gañará o certame, e o resultado sitúa como favorito a Francesco Gabbani (Italia), cun 17% de probabilidades de saír vitorioso, seguido pro Salvador Sobral (Portugal) cun 14,9% de probabilidades de gañar e por Kristian Kostov (Bulgaria) co 10,4%. O candidato español, Manel Navarro, tería unicamente un 0,2% de posibilidades de gañar Eurovisión segundo Bing.
Aínda que este tipo de análises son bastante imprecisas, xa que resulta bastante complicado establecer modelos que establezan unha probabilidade cando os factores que determinan as puntuacións do concurso de Eurovisión (que son sumamente arbitrarias).

PUBLICIDADE