IsoHunt rescata os contidos de The Pirate Bay

venres, 12 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Aínda que nos últimos días están a xurdir numerosos clons do buscador The Pirate Bay que intentan facerse pasar polo relevo oficial da páxina web orixinal, pese a que hai bastantes evidencias que apuntan a que deixarán morrer a marca (o que pode ser unha oportunidade para lanzar un servizo semellante adaptado ás tecnoloxías actuais), e outro buscador semellante, IsoHunt, quixo render tributo a The Pirate Bay lanzando baixo o dominio oldpiratebay.org un buscador cos contidos da base de datos do servizo até o momento, para conservar tal información para o público, o que tamén resulta de grande interese para un acceso seguro a eses contidos (xa que os clons antes mencionados non están carentes de certo risco).
Dende IsoHunt tamén convidan aos usuarios de The Pirate Bay a empregar o seu servizo, para poder continuar a compartir contidos con todo o mundo.

PUBLICIDADE