Isabel Rodríguez fai un chamamento á transformación tecnolóxica dende a sede de Estati.co
venres, 5 de agosto do 2022
A
subdelagada
do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou esta semana a sede da
emprea Estati.co, unha das firmas-axentes de transformación
tecnolóxica adheridas ao programa Kit Dixital, dun total de 8.700
colaboradores adheridos. Fíxoo acompañada pola alcaldesa de Lugo,
Lara Méndez, e o presidente da Asociación de Empresarios Novos,
Ramón Díaz.
Na
súa estadía Rodríguez anunciou que as axudas da segunda
convocatoria do programa Kit Dixital, dirixida a empresas de 3 a 10
empregados, poderán solicitarse a partir de 2 de setembro e durante
un ano. Tamén fixo saber que na primeira fase solicitaron o bono
máis da metade das empresas da provincia de Lugo de 10 a 49
empregados. “O prazo para este segmento de empresas aínda está
aberto até o 15 de setembro”, sinalou tamén, salientando as
oportunidades que este programa, nas súas dúas edicións
complementarias, pon a disposición dos pequenos empresarios e
emprendedores lucenses para “mellorar a súa competitividade e
modernizarse coas axudas á dixitalización do programa Kit Dixital”.
Isabel
Rodríguez destacou que “o Goberno está implicado en modernizar o
tecido empresarial e, para logralo, aproveita fondos do Plan de
Recuperación para favorecer a dixitalización das pequenas empresas,
obxectivo ao que destinará 3.067 millóns de euros durante tres
anos”.
Tamén
indicou que o programa Kit Dixital é “unha axuda do Ministerio de
Asuntos Económicos e Transformación Dixital que marcará un antes e
un despois na dixitalización de pequenas empresas, emprendedores e
autónomos de todos os sectores produtivos”, indicou a subdelegada.
Pola
súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou a importancia
das axudas do Goberno Central “destinadas ao tecido económico, que
permitirán que se consoliden e xeren novos proxectos empresariais
cun impacto social positivo de carácter innovador, que sen dúbida
impulsará a recuperación, consolidación e crecemento do
investimento privado local”.
Segunda
fase
A
subdelegada anunciou que o Ministerio acaba de convocar a segunda
fase do programa. Neste caso, as axudas destínanse a empresas que
teñen de 3 a 10 empregados. A convocatoria, que ten unha dotación
inicial de 500 millóns de euros, publicouse onte, martes, no Boletín
Oficial do Estado.
O
prazo para as solicitudes desta segunda fase do Kit Dixital abrirase
o día 2 de setembro e prolongarase durante doce meses. As axudas
poden solicitarse a través da
sede electrónica de Red.es, que é quen xestiona os bonos.
Neste
caso, a contía da axuda será de 6.000 euros. Con ela as pemes
poderan adquirir as solucións de dixitalización para áreas clave
como: sitio web e presenza en Internet, xestión de redes sociais,
comercio electrónico; a xestión de clientes; servizos e ferramentas
de oficina virtual, intelixencia empresarial e analítica, xestión
de procesos, factura electrónica, comunicacións seguras, e
ciberseguridade. Ademais, nesta segunda convocatoria, engádense dúas
novas categorías como son presenza avanzada en Internet e
marketplace.
O
programa Kit Dixital contará cunha terceira fase, que se destinará
a autónomos e micropemes que teñen menos de 3 traballadores ou que
non teñen ningún.