Ipoki integra Google Latitude

martes, 30 de xuño do 2009 Marcus Fernández

En febreiro anunciouse o lanzamento de Google Latitude, un servizo que permitía compartir a posición do usuario dende o cliente de Google Maps para móbiles, o que parecía pór en perigo a viabilidade de negocios coma o que debería soster á iniciativa galega Ipoki, pero dende a compañía coruñesa non ven a cousa así, e decidiron aproveitar que Google Latitude permite publicar as posicións nun fluxo RSS para integrar o servizo de Google en Ipoki, o que facilita o uso de Ipoki dende calquera móbil con Google Maps (con ou sen GPS).
Con esta mellora do seu servizo dende Ipoki demostran que son flexibles, e saben adaptarse ao mercado e á evolución dos seus competidores.

PUBLICIDADE