Investigan prácticas anticompetitivas de Facebook no mercado dos anuncios clasificados

venres, 4 de xuño do 2021 Marcus Fernández

A Comisión Europa continúa as súas investigacións sobre as prácticas anticompetitivas dos xigantes tecnolóxicos e desta volta Margrethe Vestager, responsable da materia, anunciou a apertura dunha investigación sobre posibles conductas contra a competencia por parte de Facebook.
Esta nova investigación analizará o uso de Facebook dos datos conseguidos dos anunciantes para competir contra eles mesmos en mercados como o dos anuncios clasificados. Esta investigación tamén inclúe ao Facebook Marketplace.
Vestager explicou que actualmente Facebook ten preto de 3.000 millóns de usuarios activos ao mes, con preto de 7 millóns de empresas anunciándose na súa plataforma e da que conseguen grandes cantidades de información que poden resultar de utilidade á hora de conseguir vantaxes competitivas no mercado dos anuncios clasificados en liña, nos que a xente compra e vende produtos a diario.

PUBLICIDADE