Investigan aos membros da Comisión Sinde por presunta prevaricación

xoves, 10 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O mes pasado un xulgado de instrución de Madrid considerou que o administrador da páxina web Multiestrenos non era culpable dun delito contra a propiedade intelectual por considerar que unha ligazón non é unha ligazón pública, e paralelamente a Comisión da Propiedade Intelectual (tamén coñecida como a Comisión Sinde) ditaba unha resolución en sentido contrario sen esperar a recibir resposta do xulgado antes mencionado ao que consultara sobre o tema, o que levou ao avogado David Bravo a presentar hai 3 semanas unha querela por prevaricación contra os membros da Comisión, o finalmente sabemos que onte o xulgado de instrución de Madrid admitiu a querela e abriu dilixencias penais para a investigación do presunto delito.
O delito de prevaricación consiste en ditar unha resolución inxusta coñecendo a súa inxustiza, e a súa pena sería inhabilitación temporal no exercicio do emprego ou cargo público, que no caso en cuestión podería ser de 7 a 10 anos.
De momento, Bravo solicita a práctica dunha dilixencia de proba onde se solicita o expediente administrativo da Comisión para ver os funcionarios que participaron na súa redacción (medida aceptada polo xulgado) e despois diso poderían ser imputadas por un delito de prevaricación. A resolución contra a páxina de descargas tamén recorreuse ante a Audiencia Nacional.

PUBLICIDADE